Malpica denuncia un acto vandálico que danou un dos rótulos de Nadal nunha rotonda

A Policía Local abriu unha investigación para identificar aos autores

O Concello fai un chamamento á colaboración cidadá

Rótulo navideño destrozado nunha rotonda en Malpica

Rótulo navideño destrozado nunha rotonda en Malpica / Concello de Malpica

J. M. Ramos

Os vándalos non respectan nin o Nadal. O Concello de Malpica de Bergantiños vén de denunciar un acto vandálico que causou danos significativos nun rótulo navideño situado na rotonda da estrada AC-418.

O tenente de alcalde de Malpica e concelleiro de Servizos e Turismo, Alfredo Cañizo, puxo os feitos en coñecemento da Policía Local, que xa iniciou as investigacións necesarias para tentar de identificar á persoa ou persoas responsables. Lamenta o sucedido e cualifícao de “incívico e lamentable”. “É fundamental que todos coidemos do noso municipio e respectemos os bens públicos”, sinalou.

Dende o Concello de Malpica fan tamén un chamamento á colaboración cidadá para que, se alguén ten información sobre os responsables deste acto vandálico, a poña en coñecemento da Policía Local, “pois este é un problema que afecta a todos”, subliña ao respecto Alfredo Cañizo.

Desgraciadamente, o sucedido en Malpica non é un feito illado, pois en días pasados tamén sufriron cuantiosos danos en Noia pola acción dun vándalo que destrozou varios dos elementos decorativos do Nadal. En anos pasados, o Concello de Carballo tamén denunciou a destrución e roubo de decorado navideño en diversos puntos.