Evacuado en ambulancia un ciclista ferido ao caer cando circulaba por Ponteceso

Presentaba feridas na cabeza e foi trasladado ao hospital da Coruña

Ata o lugar mobilizouse tamén o helicóptero medicalizado do 061

O helicóptero medicalizado do 061 aterrou na Praza do Recheo, en Ponteceso

O helicóptero medicalizado do 061 aterrou na Praza do Recheo, en Ponteceso / Helico Santiago

J. M. Ramos

Un ciclista resultou ferido na cabeza e tivo que ser trasladado en ambulancia ao hospital da Coruña logo de caer da bicicleta cando circulaba por Ponteceso, á altura da Praza do Recheo. A voz de alarma foi dada pouco despois das 15.30 horas por un particular que contactou co 112 Galicia.

Inmediatamente, os xestores do CIAE-112 Galicia pediron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES e dos voluntarios de Protección Civil de Ponteceso e da Garda Civil de Tráfico. Os servizos sanitarios mobilizaron tamén ao persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero finalmente o ferido foi evacuado en ambulancia.