Prescribe a causa polas ameazas a Martiño Noriega

imagen de archivo de Martiño Noriega

imagen de archivo de Martiño Noriega / ECG

Redacción

O xulgado compostelán que levaba a causa aberta contra un home que proferiu ameazas contra Martiño Noriega en setembro de 2015, na súa etapa como rexedor de Compostela Aberta na capital galega, notificou ao exalcalde que deixa sen efecto a súa citación para o xuízo que estaba previsto para a próxima semana debido á resolución “pola que prescribe a causa”. Entre as ameazas do detido estaban que podía acabar nunha “cuneta” como en 1939, en referencia á represión franquista. Fontes xurídicas próximas ao exalcalde constataron que hai moitas “dúbidas” acerca de que esa prescrición poida materializarse e, para decidir pasos, están á espera de coñecer o contido da resolución. Pola súa parte Noriega trasladou no seu Twitter que “a impunidade explica esta viraxe desde o pasado recente até este presente; a historia en espiral. Isto tan só é unha pinga máis deste mar de area”.