Evaristo Nogueira: Gran Cruz o Mérito no Servizo á Avogacía

É decano de honra do Colexio da Avogacía de Santiago

Evaristo Nogueira co seu premio

Evaristo Nogueira co seu premio / ECG

Redacción

O xurista e a avogado compostelano, Evaristo Nogueira, durante 15 anos decano do Colexio da Avogacía de Santiago, recibiu en Madrid de mans de Victoria Ortega, presidenta do Consejo General de la Abogacía Española, a Gran Cruz o Mérito no Servizo á Avogacía en recoñecemento á súa traxectoria profesional.

Destacouse tamén o seu traballo como presidente do Consello da Avogacia Galega. Na actualidade, é decano de honra do Colexio da Avogacía de Santiago.

"Agradezo a distinción, foi unha honra representar durante máis de 15 anos aos avogados e avogadas de Santiago de Compostela, defendendo os seus intereses e loitando por unha tutela xudicial efectiva na nosa sociedade", asegura Nogueira.