Visibilización

Membros de ASPAS fan o Camiño pola Ruta da Costa

Membros de ASPAS na súa chegada a Santiago / Cedida

Membros de ASPAS na súa chegada a Santiago / Cedida / ECG

ECG

A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago (ASPAS) culminou esta fin de semana a Ruta Xacobea da Costa, baixo o lema Pasiño a pasiño... Rompendo barreiras. Unha iniciativa que levou a decenas de usuarios da asociación, familias, profesionais e voluntarios a realizar o Camiño de Santiago dende Praia América, no concello pontevedrés de Nigrán. O obxectivo da andaina dos 120 km que separan ambos lugares era o de “visibilizar a (dis)capacidade intelectual”, informan dende a asociación compostelá. O Camiño, que diviron en sete etapas cada fin de semana entre abril e maio, que percorreu os municipios de Vigo, Caldas de Reis, Padrón e Ames, culminou cunha xuntanza de máis dun cento de persoas na Praza do Obradoiro para celebrar a fin do Camiño, cun xantar campastre entre peregrinos e amigos da asociación na carballeira de San Lourenzo.

A Ruta Xacobea da Costa, ou Camiño Portugués a Santiago, iníciase en Galicia no concello limítrofe da Guarda.