34,6 millones de euros para a nova Cidade de San Caetano

A mediados de xullo comezarán as obras cun orzamento de 34,6 millóns de euros

Aforrarase 1,1millón de euros en alugueiros e reubicarán nel 700 empregados públicos

O edificio será moderno e enerxeticamente eficiente

34,6 millóns de euros para a nova Cidade de San Caetano

Javier Rosende Novo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse esta mañá coa empresa adxudicataria das obras, Acciona, que se van realizar no solar da antiga Estación de Autobuses. A razón da comparecencia da conselleira era a de anunciaro comezo das obras para a construción da nova Cidade de San Caetano, o novo complexo administrativo da Xunta, que conta cun orzamento de 34,6 millóns de euros e cuxos traballos se iniciarán a mediados de xullo.

Ethel explicou que este novo edificio servirá para reubicar uns 700 empregados públicos e un aforro de 1,1 millóns de euros en alugueiros. Vázquez destacou tamén que se busca a construción dun edificio moderno e enerxeticamente eficiente.

Sobre a idea de pechar a rúa Ánxel Casal ao tráfico, a vía que separa San Caetano dos novos edificios e que o anterior goberno municipal denegara, Vázquez só indicou que se deixará a nova negociación para unha segunda fase desta obra que se prevé que dure 18 meses.