Raxoi prevé que cheguen esta semana os 12 buses alugados para reforzar a frota

Os vehículos que se incorporarán ao transporte urbano estrearanse nunha semana cunha elevada actividade na cidade e logo dos problemas de avarías dos últimos tempos

Los autobuses urbanos de la capital gallega estrenan el horario de invierno este lunes

Los autobuses urbanos de la capital gallega estrenan el horario de invierno este lunes / jesús prieto

“Os buses alugados comézanse a recibir dende hoxe e incorpóranse ao servizo unha vez que estean entregados o autobús e mais a documentación”. Así o afirmaba o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, durante a rolda de prensa de presentación da Semana Europea da Mobilidade que se celebra dende este sábado 16 até o sábado 23 en Santiago.

Unha fin de semana, a vindeira, na que ademais deste evento a capital galega recibe os ministros de Economía e Finanzas da Unión Europea e Latinoamérica e o Caribe (Ecofin), o festival Wos x SON Estrella Galicia, ou as Xornadas por unha Economía Global Xusta e Sostible, entre outras.

Preguntado pola preparación dun dispositivo especial canto a transporte e mobilidade, o concelleiro Xan Duro afirmou que “en principio non está previsto que haxa cortes de ningún tipo, pode habelos puntuais, de moi poucos minutos para o paso dunha caravana de autoridades, pero non agardamos que haxa ningún tipo de problemas”.

É máis, Duro congratulouse de “ter unha cidade o suficientemente viva e activa para que teñamos que pensar se pode haber problemas esta fin de semana”.

O expediente de crédito para alugar os novos autobuses que se agardan nestes días aprobouse en pleno a finais do mes de xullo, contando co voto a favor do goberno local e do Partido Socialista e a abstención do Partido Popular. Preténdese deste xeito complementar a rede de transporte urbano ata que se poida finalizar a licitación do novo contrato do transporte público.

En concreto, trátase de un expediente de crédito extraordinario de 124.993 euros e outro de suplemento de crédito de 387.818 euros. Cando, naquela altura se debateu a mencionada aprobación, a alcaldesa Goretti Sanmartín asegurou que “todo o mundo sabe” que o estado do transporte colectivo na cidade non só “non é óptimo” senón que “é malo”.

“Vimos de momentos nos que non se procedeu a esa renovación da concesión e temos un problema herdado complicado ao que hai que darlle resposta”, sostiña a alcadesa. En reiteradas ocasións, Sanmartín sostivo sobre o asunto do transporte urbano que se trata “dunha prioridade máxima” do goberno local, que avoga por atopar solucións “de forma legal” e “de acordo co que din os servizos xurídicos”.

O Concello de Santiago anulou o pasado 9 de agosto o procedemento de licitación do contrato do transporte público urbano logo de coñecerse que o novo convenio colectivo do sector do transporte de viaxeiros contempla uns incrementos retributivos do 12,2 %, o que supón un aumento de custos que cos actuais pregos non se podían asumir.

Avarías e incidencias constantes

No pleno de debate da aprobación do expediente para alugar máis autobuses, o edil do PP, Adrián Villa, denunciaba, aínda que se amosaba contrario ao procedemento do goberno local, que a situación do transporte urbano na cidade era “insostible, coas autobuses caendo en anacos”.

Unha referencia ás frecuentes avarías e incidencias que dende hai moito tempo aqueixan a rede de transporte público de Santiago. A mediados do mes de xullo, o mal estado da frota, cunha media de dez anos de antigüidade, un dos autocares da liña P3 entre a rúa Valle Inclán, a praza de Galicia e a Susana, quedaba parado por un fallo mecánico á altura da rotonda do Restollal, que une o barrio co da Pontepedriña. Un incidente que obrigou os viaxeiros a agardar un novo vehículo.

Outra situación semellante produciuse no mes de xuño, cando o vehículo que facía a ruta da liña Circular deixou de funcionar á altura da praza Camilo Díaz Valiño. O autobús quedou fóra de servizo no medio da calzada, fronte ao solar da antiga estación de autobuses e deixando no firme do lugar unha grande mancha de aceite.

Na mesma semana deste incidente producíase unha nova avaría no lugar de Laraño. Os veciños da parroquia reportaban a este medio este novo suceso, desta vez, co vehículo que realizaba a ruta da liña P2. Eran as 08.15 horas cando numerosos residentes da zona, que a diario deben desprazarse ao traballo, se cruzaban cun bus urbano varado no arcén, ocupando case a totalidade dun dos carrís.

O vehículo, parado e sinalizado co triángulo de emerxencia para alertar os demais condutores, sufrira, segundo indicaron diversas fontes a este diario unha fuga nos condutos do motor e precisaba de líquido refrixerante.

Unha serie de problemas que se veñen repetindo dende hai máis dun ano e sobre o que o goberno de Xosé Sánchez Bugallo afirmaba que non se puidera licitar o novo contrato por mor da pandemia da covid. Agora é a quenda do bipartito, que atopa con este novo expediente de crédito para o aluguer de vehículos un respiro de cara á aprobación final do novo contrato de autobuses.

Problemas de circulación en Fontiñas pola rodaxe de 'El Caso Asunta'

Os veciños do compostelán barrio de Fontiñas víronse obrigados a afrontar a xornada de onte con unha gran dose de paciencia para circular pola zona, xa que foron numerosos os cortes de tráfico que se produciron en varias rúas a consecuencia da rodaxe da serie ‘El caso Asunta’.

Uns cortes que xeraron certo malestar e protestas nalgúns cidadáns, aínda que desde a Polilcía Local confirmábase a este xornal que non se rexistraran problemas significativ