Cineuropa 2023: cando e onde comprar entradas e bonos para o festival de cinema

Consulta os espazos onde podes comprar as entradas para asistir ao festival de cinema que inundará a capital galega durante case todo o mes de novembro

Cineuropa 2023: cando e onde comprar entradas e abonos para o festival de cinema

Cineuropa 2023: cando e onde comprar entradas e abonos para o festival de cinema / Facebook

A cita cinéfila por excelencia de Santiago, Cineuropa, arrinca unha nova edición coa comedia como principal eixe temático.

Será o filme arxentino Puan, dirixido por Benjamín Naishat e María Alché, gañador da Cuncha de Prata ao mellor guión no festival de San Sebastián, o encargado de abrir a 37º edición do festival, o vindeiro venres 9 no Teatro Principal da capital galega.

Entradas e bonos Cineuropa 2023

As entradas e bonos para Cineuropa 2023 estarán dispoñibles a partir deste martes 7 de novembro.

O prezo é de 4 euros para todas as Seccións Oficiais (Novas/os Cineastas, Sección Oficial Europea, Panorama Internacional e Docs Cineuropa), Fantastique Compostela, Cineuropa Miúda e para a Película sorpresa.

Cómpre recordar que hai eventos de entrada de balde previa retirada de convite, que son os seguintes:

  • O mundo está tolo, tolo, tolo, tolo
  • Centenario Semprún
  • Arxentina e 40 anos de democracia
  • A 50 anos do golpe de estado en Chile: La flaca Alejandra, Calle Santa Fe
  • Foco João Canijo: Trabalho de actriz, trabalho de actor, Sangue do meu sangue, Fátima
  • Panorama Audiovisual Galego
  • Proxeccións das entregas de Premios Cineuropa
  • Proxeccións das cerimonias de inauguración e clausura

Con respecto as cerimonias de inauguración e de clausura e a entrega dos Premios Cineuropa, os convites poderán retirarse dous días antes do evento ás 11:00 horas.

Así mesmo, Panorama Audiovisual Galego, Nothing Compares e as proxeccións das cerimonias de inauguración e de clausura, que son de balde.

Outros prezos importantes

  • Bono 10 películas: 30 euros
  • Catálogo: 2 euros
  • Maratón Cineuropa: 6 euros

Prezos Actividades Paralelas

  • Xuventude Crea. Fase Final do certame de videocreación e entrega de premios (sábado 11). Entrada de balde previa retirada de convite
  • Concerto Real Filharmonía de Galicia (xoves 16): 15 euros (cos descontos habituais do 50%).
  • Centenario Semprún: mesa de debate (sábado 18). Entrada de balde previa retirada de convite
  • Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago (domingo 19): Entrada de balde previa retirada de convite
  • Doxandéem, les chasseurs de rêves (luns 20). Entrada de balde previa retirada de convite
  • Obradoiro sobre o cinematográfico con Carlos Losilla (xoves 16). Inscrición mediante formulario
  • Do guión á pantalla. Encontro con Álvaro Brechner (luns 20). Inscrición mediante formulario
  • Obradorio de curadoría fímica. Con Valentina Ortomin (xoves 23). Inscrición mediante formulario
Colas para mercar as entradas de Cineuropa en anteriores edicións

Colas para mercar as entradas de Cineuropa en anteriores edicións / Facebook

Onde comprar as entradas

A venta de entradas e retirada de convites para a proxección de todas as salas pode comprarse a través da web compostelacultura.gal, na ZONA C Punto de Información Cultual e no Teatro Principal.

Na ZONA C as entradas poden comprarse de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Pola súa banda, no Teatro Principal poden comprarse de 16.00 ata a hora de inicio do último filme.

Tamén poden comprarse en cada sala para as proxeccións dese espazo:

  • NUMAX: de luns a sábado de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas e os martes só de 16.00 a 20.30 horas. Os domingos abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • Multicines Compostela: de 17.00 ata a hora de inicio do último filme.
  • Auditorio de Galicia: dende media hora antes do inicio de cada sesión.

Dende a organización de Cineuropa pregan o uso preferente da páxina web para a adquisición de bonos e de entradas.

Programación Cineuropa 37

En el siguiente documento puedes consultar la programación completa por días de Cineuropa 37:

Así, o festival achegará un total de 117 películas que se complementan con dous concertos e con numerosas actividades especiais.