Xornada de portas abertas da Asociación Abeiro este domingo en Santiago

Os interesados na xornada poden achegarse ata Montouto con latas ou sacos de penso

Xornada de portas abertas da Asociación Abeiro este domingo en Santiago

Xornada de portas abertas da Asociación Abeiro este domingo en Santiago / Asociación Abeiro

A Asociación pola protección animal Abeiro organiza este domingo, 12 de novembro, unha xornada de portas abertas no Xardín de Robin, unha das numerosas colonia felinas que xestiona.

Fundada en 2005 en Santiago, Abeiro traballa con casas de acollida para rescatar gatos e cans da rúa, co obxectivo de atoparlles un fogar mellor.

No caso da colonia mencionada, esta atópase pechada e a salvo de calquera risco externo para os gatos residentes e conta con zonas delimitadas para o descanso, comida, hospitalización e xogos dos gatos.

Os interesados na xornada de portas abertas poden achegarse ata Montouto, tralo Tanatorio, con latas ou sacos de penso, así como terán a oportunidade de coñecer aos animais residentes.

Aqueles que traian comida, levarán un pano de obsequio como recordatorio da xornada.