Rematan en Sar as obras de mellora da calzada no último tramo de Castrón Douro

A intervención servirá para manter a rúa operativa con garantías mentres non se execute o proxecto integral

Estado da rúa de Castrón Douro despois da intervención no último tramo

Estado da rúa de Castrón Douro despois da intervención no último tramo / Concello

As obras de acondicionamiento da calzada no último tramo da rúa de Castrón Douro que comezaban a principios de setembro xa están rematadas. Os traballos, consistentes na eliminación da pedra existente e o seu posterior formigonado, implicaron dende entón unha serie de restricións na circulación por mor desta actuación. 

Os vehículos xa circulan con normalidade dende este venres

Os vehículos xa circulan con normalidade dende este venres / Concello

Durante este tempo quedou cortado un carril da zona en obras, dando paso alternativo á circulación por medio da instalación de semáforos de obra, e estivo prohibida a entrada á praza de Marcial Villamor desde o cruzamento con Castrón Douro, polo que os vehículos tiñan que entrar a través da rúa do Olvido.

Estado despois da intervención do último tramo da rúa de Castrón Douro

As obras de acondicionamiento da calzada comezaron a principios de setembro / Concello

Esta actuación está enmarcada no plan de reposición de firmes impulsado pola concellería de dirixe Xesús Domínguez que conta cun presuposto de 800.000 euros. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, sinalou antes do verán que a intención do executivo era proceder a esta actuación de mellora do pavimento de Castrón Douro, posto que o estado no que se encontraba a rúa non aguantaría outro inverno máis, tendo en conta que é un dos puntos de acceso e saída principal da cidade. As obras servirán para manter a rúa operativa con garantías mentres non se execute o proxecto integral.

Agora, unha vez rematada a intervención de reposición do pavimento no último tramo de Castrón Douro e na rúa de Sar, o tráfico xa está restablecido.