A alcaldesa máis entroideira: Sanmartín sorprende en Santiago con estes disfraces

Durante estes días, a rexedora da capital galega deixouse ver disfrazada en diferentes eventos da cidade

Non é a única figura política que se suma a esta festividade de forma tan activa: Rueda, Jácome ou o alcalde de Vedra tamén o fixeron

A alcaldesa máis entroideira

Javier Rosende Novo

En Santiago tamén se vive o Entroido, especialmente este martes, que é cando terá lugar o tradicional desfile polas rúas da cidade.

Durante estes días e dende o inicio destas celebracións tan sinaladas en Galicia, a rexedora da capital galega, Goretti Sanmartín, deixouse ver disfrazada en diferentes eventos.

Así, para iniciar a tempada entroideira o disfrace elixido foi o de pintora.

Non é o primeiro disfrace que lle vemos á rexedora de Compostela, pois tamén se paseou disfrazada de roqueira hippy e, esta mesma mañá, acudíu disfrazada de sultá á presentación da gala de Youtubeiras.

A elección deste disfrace non é casual, tal e como explicou a rexedora. É unha resposta á acusación que o líder dos populares de Compostela, Borja Verea, fixo cando Sanmartín aumentou o número de altos cargos do concello.

Goretti Sanmartín disfrazada de roqueira hippy

Goretti Sanmartín disfrazada de roqueira hippy / X

Así mesmo, fontes do concello santiagués contan a este medio que Sanmartín vestirá un novo disfrace esta tarde, polo que teremos que agardar ata o inicio do desfile para coñecer cal será.

Goretti Sanmartín non é a única figura política que se suma a esta festividade de forma tan activa, pois a semana pasada puido verse a Alfonso Rueda disfrazado de Gandalf el Gris ou ao alcalde de Vedra, Carlos Martínez, disfrazado de Pedro Picapiedra; entre moitos outros.

Jácome, a outro nivel

O do rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, é doutro nivel. Así, abriu o Entroido na cidade das burgas disfrazado de astronauta. Acompañado de dous robots, subiuse ao palco da Orquesta Los Satélites para dar o pistoletazo de saída ao que é, según o seu parecer, "el mejor Entroido de siempre".

Dende entón e nos últimos días, o alcalde apareceu disfrazado en múltiples ocasións. Spiderman, Cat Woman ou de Frei Canedo foron algúns dos disfraces elixidos.