O PP insiste en que Garda Civil e Policía Nacional usen de balde as instalacións deportivas de Santiago

O edil Xan Duro replica que a xestión do Multiusos do Sar e Santa Isabel non é "exclusivamente" municipal e, polo tanto, non depende do acordo plenario

Os 'populares levaron a moción ao Pleno local de febreiro, que foi aprobada coa abstención do PSOE e os votos en contra de BNG e CA

O edil do Partido Popular José Antonio Constenla no Pazo de Raxoi

O edil do Partido Popular José Antonio Constenla no Pazo de Raxoi / Jesús Prieto

O Partido Popular de Santiago levou ao Pleno do 29 de febreiro unha moción para que Garda Civil e Policía Nacional, que dan soporte á Policía Local, puidesen coma estes últimos utilizar de balde as instalacións do Multiusos de Sar e de Santa Isabel. Este luns, o edil do PP José Antonio Constenla insistía en demandar esta gratuidade para os dous corpos de seguridade en todos os equipamentos deportivos de carácter municipal.

"Lamentablemente Sanmartín y Rozas votaron en contra de esta medida", explicaba Constenla en referencia aos votos en contra de BNG e CA, a pesar de que "una buena gestión política pasa porque la ciudad tenga los mejores servicios posibles". Para Constenla, o feito de que o Goberno municipal non aplicase esta medida responde a cuestións ideolóxicas, e insiste en que o custo económico sería "muy poco".

Ás palabras de José Antonio Constenla respondía, nunha rolda de prensa posterior, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, que explicaba que "Garda Civil e Policía Nacional teñen o mesmo dereito que calquera cidadán" ao uso das instalacións deportivas da cidade, pero recalcaba que "a moción presentada polo PP referíase ao Multiusos de Sar e a Santa Isabel, cuxa xestión non é exclusivamente municipal, por tanto, xa se explicou entón que non é unha decisión que poida adoptar o Pleno".

Esixencia "mes a mes"

O edil José Antonio Constenla preguntouse en rolda de prensa: "¿Por qué BNG y CA no votaron esta iniciativa?", e afirmou "no quiero pensar que sea por una cuestión ideológica de rechazo a ambas instituciones". Por iso, dende a bancada 'popular' "vamos a pedir el cumplimiento de este acuerdo plenario".

Constenla insistiu en que solicitarán a intervención da alcaldesa coa Sociedade Mixta Deportiva Xade (que xestiona o multiusos e o pavillón de Santa Isabel) para que a medida "se aplique. Entendemos que la alcaldesa no está dispuesta" e, segundo indicou, unha vez superado o "periodo de gracia, exigiremos mes a mes" a adopción desta iniciativa.

Para o edil do PP, o feito de que o Goberno local non adopte a medida é un síntoma do "radicalismo ideolóxico" da alcaldesa e considera que a iniciativa do Pleno é "un agradecimiento y un reconocimiento" ao apoio que achegan Garda Civil e Policía Nacional á seguridade do municipio e insistiu en que se trata dunha iniciativa "más simbólica que costosa".

Taxa de reposición

José Antonio Constenla apoiou tamén o seu argumento sobre a decisión "ideolóxica" do Goberno local en que éste non aproveitou a eliminación da taxa de reposición. "En los mejores tiempos la Policía Local contaba con 180 efectivos que hoy soy escasamente 130". "Poco o nada han hecho por mejorar la plantilla", asegurou.

A isto tamén daba resposta o edil de Compostela Aberta Xan Duro, que negou a eliminación desta taxa asegurando que o único que fixo o Goberno central foi "facer unha anuncio de cara a 2025" e defendeu que o que se pode facer polo de agora, e afirmou que se está a facer, é cubrir as baixas por xubilación.