Haberá solución para o aparcamento do CHUS a semana que vén?
A alcaldesa reúnese na tarde do 2 de maio cos conselleiros de Infraestruturas e Sanidade
Goretti Sanmartín agarda "que haxa acordo"
O vindeiro 2 de maio as oficinas de San Caetano acollen unha nova xuntanza entre os conselleiros de Infraestruturas e Sanidade cunha representación do Concello de Santiagopara ver de atopar unha solución á construción do aparcamento do Hospital Clínico.
A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou o seu desexo de que desta volta "haxa acordo", indicou que agarda que esta nova xuntanza sexa "o inicio da solución, dunha chegada a consenso", logo das últimas propostas municipais á Administración autonómica na que se establecía un decálogo de accións a levar a cabo pola Xunta e por Raxoi e que foi, inicialmente desbotada por San Caetano.
Así quedaría el parking de 1.200 plazas que la Xunta propone para el Hospital Clínico
A esta xuntanza, con dúas das caras novas do novo Executivo de Alfonso Rueda -María Martínez en Infraestruturas e Antonio Gómez en Sanidade-, a alcaldesa vai acudir acompañada polos responsables das áreas de Urbanismo, Iago Lestegás, e Mobilidade, Xan Duro.
Até o de agora, a Xunta instaba ao Concello de Santiago a facer unha achega económica, como fixeron outras cidades -A Coruña ou Pontevedra-, cuestión á que se negaron os executivos de Sánchez Bugallo e agora Sanmartín, aducindo que a área sanitaria atende a máis de 40 concellos, dos que a veciñanza de Santiago representa apenas o 24% dos usuarios e tamén que a parcela do CHUS, na que a Xunta quere construír o párking, é titularidade do Sergas.
Moción conxunta de BNG, CA e PSOE para que a Xunta pague o aparcamento do CHUS
Ordenación municipal da mobilidade no Clínico
Pola súa parte, o Concello levou a cabo accións para ordenar a mobilidade na contorna hospitalaria, a última, a habilitación dun aparcadoiro provisional na parcela do Cimus -a 150 metros do CHUS-. Sobre a cuestión a alcaldesa quixo agradecer en rolda de prensa á veciñanza "o uso responsable que se está a facer" deste párking. Outra das medidas, tumbada por acordo plenario en marzo, foi a deimplantar no barrio de Santa Marta a zona ORA, que polo de agora segue en funcionamento e, na consideración de Raxoi, con bos resultados en canto á rotación, non obrigada, dos coches estacionados nesa área.
Usuarios del Clínico aplauden el parking del Cimus: "Está ben, pero fan falta máis prazas"
Nova empresa municipal de vivenda e presidencia das cidades patrimonio
Na súa comparecencia na sala de prensa de Raxoi, a alcaldesa Sanmartín aludiu á constitución, estre mesmo venres, da comisión especial para a creación da nova empresa municipal de vivenda. Unha sociedade de capital municipal que tera como principal obxectivo "a rehabilitación do parque inmobiliario" mais tamén "a construción de vivenda de titularidade municipal" na procura de mellorar as condicións de acceso a ela da veciñanza, segundo explicou Goretti Sanmartín.
Tamén este venres, a alcaldesa e a Corporación local recibiron no Pazo de Raxoi ao alcalde de La Laguna (Canarias), Luis Yeray, que é actualmente o presidente do grupo de cidades patrimonio españolas. Sanmartín explicou, q máis alá do acto institucional haberá tamén unha xuntanza para preparar a próxima presidencia compostelá de dito grupo, a partir do 1 de xullo deste ano, "coa sostibilidade turística" coma unha das cuestións primordiais.
Temas
Más en Santiago
-
O PP de Santiago pídelle ao BNG que “poña remedio” á inseguridade da praza da Mercé
-
Un hotel de polinizadoras para loitar pola recuperación da biodivesidade
-
Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
-
“Estoy haciendo otro libro con mi padre (Manquiña), uno basado en sueños”