Celebración dun debate público, este xoves, para os futuros da Casa da Xuventude de Santiago

A cita desarrollarase coa participación dos diferentes candidatos á alcaldía e entidades socioculturais e veciñanzas

A Casa da Xuventude en Santiago

A Casa da Xuventude en Santiago / Antonio Hernández

Redacción

O Seminario de Futuros Urbanos (Grupo de investigación ANTE) celebra mañá xoves, día 20 de abril ás 19h., un debate público coas candidatas e candidatos á alcaldía do Concello de Santiago de Compostela ao que tamén foron convidadas entidades da sociedade civil.

O debate celebrarase na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia e tratará do futuro do edificio da Casa da Xuventude, unha peza chave na conexión urbana do parque de Belvís coa Cidade Vella a través do vector esencial da Virxe da Cerca, sobre a que existen distintas propostas de intervención.

O Seminario de Futuros Urbanos é un dispositivo para a reflexión urbana colectiva, comprometido coa creación de espazos de encontro e discusión que permitan imaxinar futuros urbanos máis sustentábeis e inclusivos.

Atendendo ao contexto preelectoral que, no mes de maio, decidirá o próximo goberno municipal de Santiago de Compostela, o Seminario acolle unha tribuna pública aberta a toda a cidadanía