Cortes de tráfico en dúas rúas da cidade para rodar “El caso Asunta”

A praza de Mazarelos estará pechada á circulación pola celebración dunha serie de concertos

O venres a rúa do Restollal terá cortes intermitentes

O venres a rúa do Restollal terá cortes intermitentes / ECG

Redacción

A rodaxe da serie “El caso Asunta” volverá a ocasionar restricións na circulación no centro da cidade. En concreto, este luns haberá cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) na rúa Viena dende as 08:30 horas ata as 19:30 horas. Xa na xornada do venres, o Concello realizará cortes intermitentes de tráfico, nesta ocasión serán de entre cinco e dez minutos, na rúa do Restollal, sentido centro da cidade, para a gravación do percorrido cun vehículo “Camara Car”, dende as 12:00 horas ata as 14:30 horas.

Por outra banda, desde as 10.00 horas do martes ata as 20 h. do venres, a praza de Mazarelos estará pechada á circulación para facilitar os labores de montaxe e desmontaxe para a celebración dunha serie de concertos organizados pola Universidade de Santiago dentro do seu programa de benvida do curso 2023/2024 que se celebrarán o xoves entre as 20 h. e as 00 h. Permitirase o paso de residentes.