Para sentar a negociar a municipalización do servizo

Verea pide a retirada do radar de Conxo por ser meramente “recadatorio”

O portavoz do PP de Santiago demándalle ao Goberno local que suprima dito radar como condición "mínima" para que os populares senten a negociar a municipalización do servizo de radares e multas

A mediados de xullo, Raxoi solicitou unha reunión coa delegación provincial da Coruña da Demarcación de Estradas do Estado

Até 30 de setembro de 2023 cursáronse máis de 10.000 multas segundo Borja Verea

Verea pide a Sanmartín a retirada do radar de Conxo por ser meramente "recaudatorio"

Verea pide a Sanmartín a retirada do radar de Conxo por ser meramente "recaudatorio" / PPdeG

O portavoz do PP (Partido Popular) compostelán, Borja Verea, compareceu onte en roda de prensa no Pazo de Raxoi para amosar a súa “total desconfianza” sobre o plan de municipalización de radares e multas do goberno bipartito. Segundo o ‘popular’, esta desconfianza débese a que a última municipalización foi a do servizo da grúa e ORA realizada por Compostela Aberta, “e son os mesmos responsables” os que van levar a cabo agora esta nova iniciativa, cando a anterior foi “unha auténtica ruína”, asegurou.

Dúas son as cuestións que os ‘populares’ poñerán enriba da mesa se o goberno de Goretti Sanmartín senta con eles na busca de apoio para aprobar esta municipalización. Aínda que Verea recoñeceu que para o bipartito sería suficiente o apoio do Partido Socialista (PSOE), quixo deixar claro que dende a súa formación hai dúas cuestións clave para negociar: a eliminación do radar de Conxo e a non “subrogación ou funcionarización pola porta de atrás” de postos de traballo.

Borja Verea ofreceu datos dos anos 2022 e 2023 do radar de Conxo e Restollal afirmando que éste estivo o ano pasado “dous meses e medio no Restollal e nove en Conxo”, o que supuxo 1.802 dúas multas no Restollal e 23.750 en Conxo. Até o 30 de setembro de 2023, o radar só estivo en Conxo, “xerando un total de 10.115 multas”. “Unha obscenidade” para Borja Verea, que considera que as cifras demostran que “o obxectivo único deste radar é achicharrar á xente a multas”. O portavoz do PP tamén apuntou que “practicamente o 90% das multas” son por superar “por pouco” o límite, establecido en 50 km/h.

El radar de Conxo, uno de los que más multa en Santiago

O radar de Conxo é un dos que máis multa en Santiago / Jesús Prieto

Borja Verea asegurou que “existen mecanismos de advertencia para garantir a seguridade sen ter que recorrer a ese radar”. Por todo isto, o ‘popular’ insitiu en que a eliminación deste mecanismo é a primeira condición do PP para “apoiar unha posible municipalización do servizo”. Ademais de suprimírense “20.000 multas ao ano” deste radar, Verea advertiu que se debería reflectir no proxecto de orzamentos. “As multas non poden ser un recurso ordinario para finanzar os gastos, senón un mecanismo para garantir a seguridade das persoas”, manifestou.

Sobre a posible subrogación de traballadores, Borja Verea alertou de que de ser así, “o Concello quedaría hipotecado e obrigado a manter estes postos de traballo”, xa que nesas condicións os traballadores pasarían a ser empregados públicos. “Esta municipalización ten que garantir que non haberá subrogación, nin municipalización, nin contratación de novo persoal ou empregado público; o Concello ten necesidade de novos funcionarios pero noutros departamentos e debendo acceder polos criterios de publicidade, mérito é capacidade”, aclarou Verea.

A mediados do mes de xullo, o goberno de Raxoi solicitou unha reunión coa delegación provincial da Coruña da Demarcación de Estradas do Estado para buscar unha solución que permita garantir a seguridade vial no túnel de Conxo e tamén reducir o alto nivel de multas.