reunión

O secretario de Estado de Xuventude e Infancia busca colaboración co Concello

Sanmartín e Rozas con Rubén Pérez / cedida

Sanmartín e Rozas con Rubén Pérez / cedida / redacción

Redacción

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, recibiron onte ao Secretario de Estado de Xuventude e Infancia para coñecer as liñas de actuación do Ministerio de Infancia e Xuventude.

Rubén Pérez mostrou a súa vontade de impulsar políticas de colaboración coas administracións locais. Na xuntanza de traballo avaliáronse posibles liñas de colaboración entre ambas administracións para incrementar esforzos nas políticas dirixidas á infancia e á mocidade. Rubén Pérez explicou que a vontade do Ministerio é “impulsar políticas de xuventude tamén desde o ámbito local, e procurar a cooperación cos concellos en liñas de traballo dirixidas a loitar contra a pobreza infantil, avanzar na capacitación dixital de nenos e nenas, ou reforzar accións de protección como a do fomento das familias acolledoras”.

Pola súa banda, María Rozas aproveitou a xuntanza para dar conta das iniciativas impulsadas desde a concellaría de Xuventude, como as actividades que se desenvolven no Centro Xove da Almáciga ou os orzamentos participativos na área de Xuventude, “que recuperamos este ano cunha dotación de 100.000 euros e que están a acadar un alto nivel de participación nos primeiros talleres que impulsamos nos institutos de Santiago”.