O PP denuncia que Raxoi é incapaz de iniciar as obras do pavillón de Vite que volveu inundarse
O concelleiro José Ramón de la Fuente visitou este martes o pavillón e comprobou que as obras non se iniciaron, como comprometera a concelleira

Os populares denuncian o mal estado das instalacións do pavillón de Vite e a falta de concreción das obras / PPdeG
Redacción
En agosto do pasado ano, o Partido Popular de Santiago presentou unha denuncia pola "precipitada e caótica planificación das obras do pavillón de Vite". Na devandita denuncia, instábase o Concello a establecer negociacións cos clubs afectados para establecer un calendario de obras. Isto, considerando que son os primeiros prexudicados ao non dispoñer do pavillón para adestramentos e competicións.
O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, visitou este martes o pavillón e resaltou a incerteza e a falta dunha planificación clara sobre o traslado dos clubs e as condicións nas que levaría a cabo. Segundo De la Fuente, esta falta de información está a xerar graves prexuízos aos clubs afectados.
Segundo de la Fuente, a concelleira de Deportes xustificou que os prazos de execución poderían poñer en perigo os fondos das axudas PIDE, e non había marxe para considerar outros prazos, polo que as obras debían comezar en xaneiro si ou si.
A día de hoxe, di o PP "co pavillón completamente asolagado, non se ten información sobre o inicio das obras nin se albisca a medio prazo cando os clubs terán que realizar o traslado a un lugar alternativo", como Lamas de Abade ou Santiago Apóstolo, que nin sequera están adaptados para a práctica do hóckey.

Imaxe do interior do pavillón de Vite, cheo de goteiras / PPdeG
Goteiras nas instalacións
De la Fuente fixo fincapé no lamentable estado do pavillón de Vite, ao que asegura que hai que entrar con paraugas por mor das goteiras na instalación. Ademais, sinalou que os labores de limpeza realizadas polos servizos municipais non permitiron que os clubs adestrasen ata altas horas da tarde, perdendo valiosas horas que non poderán recuperar.
O Partido Popular insta o Goberno do BNG para reunirse de inmediato cos clubs para informarlles sobre os plans de inicio das obras no pavillón de Vite, negociar un calendario e traballar para minimizar os prexuízos aos clubs. Esta solicitude xa foi realizada en agosto pasado e ata a data non se levou a cabo.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
