ESPECIAL NADAL NA COSTA
Rianxo: música, obradoiros e xogos a mancheas
O pavillón José M. Abuín converterase no patio de recreo dos nenos ata o 3 de xaneiro

Rianxo: música, obradoiros e xogos a mancheas | ECG
Iago Rodríguez
Poderíase dicir que Rianxo é unha das capitais mundiais do Nadal. En primera instancia, esta afirmación resulta chocante e ata esaxerada. Non obstante, ten o seu fundamento, pois o concello barbanzano alberga na contorna da igrexa parroquial de Asados a árbore natural máis alta de España. Un privilexio patrimonial e visual do que cidades como Vigo ou Madrid non poden presumir.
Os rianxeiros xa levan días celebrando como se merece este mes de Nadal, con festivais amenizados pola escola de música municipal, celebracións organizadas por asociacións veciñais e a súa tradicional Papanoelada Moteira.
Ademais, os que aínda precisen mercar un detalle bonito para estas datas están de sorte, pois xa está habilitado o seu Mercado de Nadal (situado no Mercado Municipal de Rianxo). Os seus establecementos almacenan todo tipo de produtos e pezas propios da festividade, tal como tartas, mel, motivos florais e pezas de artesanía.
Nos vindeiros días, a programación estará enfocada en entreter á rapazada da man do evento A Xogar no Nadal, unha iniciativa lúdica que consiste na organización de obradoiros, xogos e a instalación de inchables no pavillón José M. Abuín Chema, dende este luns ata o venres 3 de xaneiro en horario de 16.30 a 19.30 horas (agás o 24 e 31 de decembro que estará aberto de 11.30 a 13.30 horas).
Asemade, o vindeiro venres e sábado, así coma o 2 e 3 de xaneiro haberá espectáculos de animación e contacontos cos que a rapazada poderá pasar un bo anaco.
O sábado 27 chegará unha das actividades máis destacadas: o concerto de Fin de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo, unha das actividades máis importantes e especiais para a agrupación, que fará as delicias dos oíntes. O escenario será a sala Arcos Moldes do auditorio municipal e será de entrada libre ata completar aforo.
E o día 28, o Auditorio de Rianxo transformarase no escenario do festival de Nadal da Asociación Sociocultural Fogo Fatuo, onde non faltará a música, postres típicos da época, nin ganas de pasalo ben coa mellor compañía.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025Festa de Fin de Ano
Para o goce dos máis festeiros, o día 31 será a celebración de Fin de Ano no Campo de Arriba, coa festa de despedida a partir das 19.00 horas e sesións de DJ amenizadas por Fagas, Xinho, Chito e Radio Flombo dende as 01.00 horas da madrugada. Na cita haberá cotillón, regalos e múltiples sorteos.
Xa por último, está previsto que Melchor, Gaspar e Baltasar visiten as rúas de todas as parroquias rianxeiras o 5 de xaneiro na cabalgata, co acompañamento dun espectáculo infantil e musical.
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- El pueblo a 20 minutos de Santiago donde comer callos hasta hartarse por 5 euros este septiembre: pazos centenarios, música y naturaleza
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson