O Bloque amesán aspira a gobernar tras o baleirado de liderado en Ames Novo e Podemos

David Santomil, candidato do BNG amesán

David Santomil, candidato do BNG amesán / Concello de Ames

O candidato do BNG amesán, David Santomil, destacou nun encontro que “o noso obxectivo é ser a lista máis votada”, coa posibilidade de sumar votos pola renuncia dos líderes doutros partidos da esquerda local: Ames Novo e Podemos que, asegura, non van concorrer.

Acompañado polas número 2 e 3 da lista (Natividade González e Escarlata Pampín), subliñou o seu compromiso para humanizar Milladoiro e dotalo dun colexio. Tamén anunciou que o vindeiro día 24, ás 20.30 horas na casa da cultura do Milladoiro, presentarán ós 11 primeiros da lista electoral. Entre as carencias que atopa destacou a do urbanismo, “que precisa dun impulso e persoal para axilizalo”, pero tamén os Servizos Sociais e a renovación do xa vello Plan Xeral.