Frades vai mellorar a súa Ponte Brates na zona do río Tambre e contará con outra sobre o Samo

O alcalde de Frades, esquerda, na reunión con Inés Santé / concello

O alcalde de Frades, esquerda, na reunión con Inés Santé / concello / M. Manteiga

O rexedor de Frades, Roberto Rey, considera “clave” a recente reunión que mantivo coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, acadando o compromiso da Xunta para mellorar a Ponte Brates sobre o Tambre e construír unha nova sobre o Samo.

A Ponte Brates, que comunica Frades e Boimorto, é esencial para mellorar a conectividade e o tráfico entre os dous municipios. Este investimento beneficiará tanto a residentes como a visitantes, fomentando o desenvolvemento local. E, por outra banda, a nova estrutura reemplazaría a actual Ponte da Maquía de Vilamaior, que leva aos concellos de Ordes e Frades. Trátase de dúas necesidades que o alcalde de Frades xa lle adiantara á directora xeral de desenvolvemento Rural, Inés Santé o pasado 9 de agosto, nunha reunión mantida co conselleiro do Medio Rural.