O BNG pide servizo de comedor e madrugadores para varias escolas unitarias do rural

Goretti Sanmartín

Goretti Sanmartín / ECG

Redacción

O BNG trasladará ao pleno municipal a necesidade de ampliar o contrato de comedores e servizos de madrugadores para as escolas unitarias O Gaioso, no Eixo; a do Rial, en Laraño; e o de Bispo Teomiro, en Marrozos, para facilitar a conciliación e garantir a igualdade de oportunidades ás familias do rural compostelán. Indica que O Gaioso, a do Rial e a de Bispo Teomiro precisan cubrir o número mínimo de matrículas e apoio institucional, co fin de manter este sistema escolar. “Unha das medidas que pode facilitar a súa continuidade é que esta rede de escolas unitarias se acolla ao servizo de madrugadores e comedores escolares”, sinala Goretti Sanmartín.