Goretti Sanmartín toma posesión na asemblea de Cidades Patrimonio da Humanidade

A entidade celebra en 2023 o 30 aniversario da súa creación

A Asemblea constituínte do GCPHE terá lugar no Pretorio Romano de Tarragona

A Asemblea constituínte do GCPHE terá lugar no Pretorio Romano de Tarragona / Concello

REDACCIÓN

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa hoxe na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), máximo órgano de goberno da entidade, que se celebra na cidade de Tarragona. Á reunión asistirán os alcaldes e alcaldesas das 15 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública, que reúne ás cidades españolas cuxos centros históricos foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO e que en 2023 celebra o 30 aniversario da súa creación.

A reunión estará presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez. É a primeira que se celebra tras as eleccións municipais do pasado mes de maio, polo ao comezo do acto o presidente do Grupo e alcalde San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, entregará as súas respectivas insignias aos novos alcaldes e alcaldesas, entre eles, á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e ao anfitrión e alcalde de Tarragona, Rubén Viñuales. Esta Asemblea dará o impulso ao programa de actos do 30 aniversario do Grupo, cunha axenda de eventos que arrincará no mes de setembro en Ávila, con diferentes actividades encamiñadas á promoción das quince urbes españolas.