Só quedan prazas vacantes en cinco graos do campus de Santiago para o vindeiro curso

Suman 119 repartidas entre Ciencia Política, Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Modernas, Xeografía e Xestión de Empresas Hostaleiras

A ocupación é do 97 %

Alumnos y alumnas universitarias conversando en el campus sur de la USC

Alumnos y alumnas universitarias conversando en el campus sur de la USC / Antonio Hernández

A un mes de que se inicien as clases do curso académico 2023-2024, só quedan plazas libres nun total de cinco titulacións do campus de Santiago da USC. Ciencia Política e da Administración con 24 prazas, Filoloxía Clásica (31), Lingua e Literatura Modernas (7), Xeografía e Ordenación do Territorio (28) e Xestión de Empresas Hostaleiras (29) son os graos que no último chamamento da CIUG, do pasado 28 de xuño, aínda non lograron cubrir a totalidade de prazas ofertadas.

Porén no campus de Lugo o alumnado aínda ten a opción de matricularase nun maior número de titulacións. Estas son: Administración e Dirección de Empresas, as enxeñarías civil, forestal e do medio rural, de procesos químicos industriais, agrícola e agroalimentaria, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Paisaxe, Xestión Cultural (tanto na modalidade presencial como semipresencial) e o grao aberto 5USC Enxeñarías.

Este ano a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) deciu fixar cinco prazos de chamamentos de matrículas en xullo. “No hay plazos en agosto atendiendo a la petición de las universidades por el tema del ahorro energético”, comentou en conversa con este medio Pedro Armas, vicepresidente e delegado da Universidade de A Coruña na CIUG.

No caso da Universidade de Santiago no primeiro chamamento xa se pecharon 31 dos 45 grados ou dobres grados que se ofertan para o vindeiro curso. “Esa estrategia de cerrar grados al principio agiliza mucho todo el procedimiento, porque en el caso de los alumnos/as que están en espera en una carrera si le cierran la que tienen por delante ya saben que se tienen que matricular en la otra”, comenta Pedro Armas.

Pechado o quinto prazo, no campus de Santiago están cubertas o 97 % das titulacións, mentras que no campus de Lugo isto pásalle ao 80 % dos estudos. Iso ten ventaxas loxísticas para as familias e alumnos ya que “saben pronto donde van a estar y eso facilita la búsqueda de piso, residencia o colegio mayor con una antelación suficiente. Y, además, así el mes de agosto les queda un poco de vacaciones”.

Dende a CIUG ven preciso diferenciar entre dous conceptos. O primeiro fai referencia a que poden existir titulacións que teñen prazas libres porque non se cubre a oferta e outro á existencia de carreiras con vacantes. “Llamamos vacantes a cuando una titulación ha cerrado y por algún motivo hay alumnos que se van a otras comunidades y las plazas bajan de la oferta. Como ejemplo, puede haber una carrera de 50 estudiantes que se cierra con 60 y se te van 15, lo que se traduce en que tienes cinco vacantes”, explica en detalle.

Cando se producen as vacantes entra unha acción moi personalizada dos delegados da CIUG, que se teñen que poñer en contacto cos alumnos. “Recuperamos la antigua lista de espera de esa carrera y por estricto orden nos vamos poniendo en contacto con todos esos alumnos por correo electrónico para ver si siguen interesados en la misma o no porque puede ser que a estas alturas ya haya alumnos que estén matriculados en otro sitio y que no quieran cambiar”, aclara.

Caso singular en Santiago é Medicina, onde hai alumnos que presentan a súa prescrición en moitas universidades de España “y vamos teniendo distintas fugas”. Nese punto o estudo é moi detallado por parte do delegado, César Rodríguez, para ir cubrindo sempre as prazas. “Si son 400 en total puede haber unos veinte a mayores, y hay que llamar a x número en el próximo plazo”, detalla Armas. En calquera caso, os alumnos que van a ser convocados xa están avisados personalmente agora, aínda que o seguinte chamamento vaia a ser o 1 de setembro.

Por último, no caso do alumnado que se quedou con todas as súas carreiras solicitadas pechadas, estes solicitan á CIUG entrar nalgunha das que quedan prazas libres, partindo de que na USC quedan poucas titulacións por pechar.