Raxoi analiza os problemas de espazo da Escola Oficial de Idiomas co seu director
Sanmartín apunta a "un acordo entre a Xunta e a USC para que os edificios das facultades de Enfermería e Ciencias da Educación de Xoán XXIII poidan acoller un centro único e de maior relevancia”

Pilar Lueiro, Goretti Sanmartín e Gonzalo Constenla. / Concello
K.M.
Os problemas das infraestruturas da Escola Oficial de Idiomas de Santiago centraron boa parte do encontro que onte mantiveron en Raxoi a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Deportes e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, co director do centro, Gonzalo Constenla.
Unha reunión na que abordaron tamén outros temas como a nova edición da gala aRitmar e futuros proxectos de colaboración entre as dúas institucións para a promoción da cultura e dos idiomas entre a cidadanía compostelá.
Durante a xuntanza, os asistentes falaron do problema de falta de espazos e infraestruturas do centro, posto que é algo que imposibilita á escola poder albergar o actual número de alumnado, distribuído nos seus dous centros de Vite e de Sar, así como ampliar o número de linguas ofertadas.
A rexidora municipal comprometeuse a “poñer diante do presidente da Xunta de Galicia a posibilidade dun acordo entre a Xunta e a Universidade de Santiago para que os edificios das facultades de Enfermería e Ciencias da Educación de Xoán XXIII poidan acoller un centro único e de maior relevancia”, que permita á EOI “ofrecer un maior número de idiomas e que os espazos cumpran o decreto existente”, un centro “á altura do que a capital de Galiza merece”, segundo sinalou.
No encontro tamén se abordou a celebración da oitava edición da gala aRitmar Galiza e Portugal, un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co apoio do Concello compostelán e da Deputación da Coruña, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais. Tamén se trataron outros proxectos internacionais e de promoción de actividades culturais, así como novas posibilidades de colaboración entre as dúas institucións para o vindeiro ano.
Goretti Sanmartín recordou que a EOI é un centro “moi importante para Santiago de Compostela e un espazo de relación para moitas persoas”, polo que mandou ao seu director unha mensaxe “de total apoio, compromiso e colaboración” por parte do Concello coa EOI.
Gonzalo Constenla agradeceu a “grande receptividade” por parte da rexedora municipal, e reiterou a importancia de que a Escola Oficial de Idiomas poida dispor dun “centro adaptado ás nosas necesidades e ao que di a propia lexislación educativa da Xunta de Galicia”, ante un problema que levan sufrindo quince anos.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias
