Pantón, un paraíso natural ao alcance da man
O municipio, enmarcado entre tres ríos, brinda un amplo abano de actividades relacionadas coa natureza, como a pesca ou o sendeirismo

Distintas panorámicas das paisaxes de Pantón. / CEDIDA
BC
Os límites do municipio de Pantón márcanos tres ríos: o Cabe, o Sil e o Miño, en cuxas ribeiras agroma unha riqueza paisaxística inigualable, que brinda ao visitante unha ampla variedade de actividades para facer relacionadas coa natureza. Unhas paisaxes naturais de gran variedade e atractivo, con boas condicións para practicar a pesca e o sendeirismo. Polos ríos Miño e Sil pódense realizar percorridos en catamarán, que permiten a contemplación das paisaxes da Ribeira Sacra, cos seus característicos viñedos dispostos en terrazas tamén chamados socalcos.
Algunas das rutas que se poden emprender polo municipio son a Ruta Castro de Marce - Cascada Augacaída. Como complemento, pódese visitar o lugar de Marce, onde se atopan restos dunha torre que pertenceu ao conde de Lemos e a torre do reloxo, unha edificación levantada polos emigrantes desta aldea a Suramérica no século pasado.
Tamén está a Ruta da Curuxeira, que permite visitar manifestacións patrimoniais como a Igrexa Románica de San Fiz de Cangas ou a Fonte de Augas Férreas. Outra opción é a Ruta de Cibrisqueiros a San Cosmede (Pombeiro), que permite coñecer lugares como as casetas de Pedén ou as Tumbas do Preguntoiro, dúas tumbas e restos doutras de carácter antropomorfo, así como unha pequena pía, todas elas escavadas na roca.
Outro percorrido recomendable para coñecer Ruta A Cruz - Pena Pombeira. Este roteiro percorre terras das parroquias de Frontón e Pombeiro, nas ribeiras dos ríos Sil e Cabe. E así, ata un sinfín de percorridos posibles que combinan distintos trazados e distancias e nas que o visitante poderá achegarse ao marabilloso patrimonio agochado de Pantón, que conta con manifestacións arquitectónicas singulares por todo o seu territorio.
O único mosteiro medieval onde perdura a vida relixiosa activa é o do Divino Salvador de Ferreira de Pantón, onde hai unha igrexa románica do século XII, un claustro renacentista do século XVI e dependencias barrocas do século XVIII. Outros templos relixiosos son as igrexas de San Miguel de Eiré, Santo Estevo de Atán, San Vicente de Pombeiro ou a xa mentada San Fiz de Cangas.
LE AQUÍ O ESPECIAL SEMANA SANTA 2024 EN PDF
LE AQUÍ O ESPECIAL SEMANA SANTA 2024 EN PDF- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9