Saltar al contenido principalSaltar al pie de página
San Paio da Estrada

O San Paio chega á Estrada con nove días de troula e «unha edición de récord»

A música será protagonista con El Combo Dominicano, Herdeiros da Crus ou Galilea

A comisión de festas e o alcalde na presentación do cartel. | S.P.

A comisión de festas e o alcalde na presentación do cartel. | S.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

ECG

A Estrada

A Estrada está inmersa estes días nunha «edición de récord» das súas festas patronais, o San Paio. Este ano o programa festivo extenderase durante nove días, dende onte cando se celebrou o Encontro de Fillo e Amigos da Estrada e tivo lugar o acendido da iluminación decorativa.

Tras un breve parón nos vindeiros días, a actividade retomarase o martes 24 cando se celebrará o Día do Neno, con inchables acuáticos, festa da escuma e animación con Anacos na Praza do Concello a partir das 17.00 horas.

O mércores 25, contará coa charanga Os Jalácticos ás 11.00 horas, antes da lectura do pregón, o chupinazo e un brindis con sidra e viño ás 13.00 horas. A sesión vermú será con Mar Davila na zona Invictus ás 14.00 horas. Pola tarde, haberá unha exhibición de Sondodance e Stradanza ás 17.00, e verbena, desde as 22.00 horas, coa orquestra Cinema e o grupo Tekila.

O xoves 26 comezará con deporte, cun 3x3 de fútbol e un concerto, ás 13.00 horas, da Banda Cultural e que dará paso á sesión vermú na zona dos Viños con Jorge Ferré. Ás 20.00 horas celebrarase a misa de San Paio e a procesión coa Banda da Brilat, a Banda Os Coribantes e Policía Local de Galicia, seguida dun concerto posterior da propia Brilat. A noite finalizará ás 22.30 horas con concertos de Os Coribantes, a orquestra La Ocaband con Pili Pampín, Manuel Manquiña e Pepo Suevo, e o grupo América de Vigo.

O venres 27, haberá un 3x3 de baloncesto, un concerto da Banda Municipal ás 13.00 horas, e sesión vermú ás 14.00 con Punto Zero na zona Fernando Conde. Ás 20.00 horas, oficiarase a misa do Santísimo, seguida da procesión coa Banda Municipal e a Banda de Gaitas de Paramos. A noite continuará coa II Ruada na Estrada ás 22.30 horas, e ás 23.30, chegarán as actuacións da Banda de Paramos, A Última Lexión e El Combo Dominicano.

A Festa da Bicicleta e a AE League abrirán ás 11.00 a xornada do sábado 28, que dará paso ás 14.00 horas á sesión vermú con Suso Aboy na Praza do Mercado. Pola tarde, ás 20.00 horas, celebrarase o V Festival de Música Tradicional da Estrada. Ás 22.00 haberá un concerto tributo a Frank Sinatra pola Big Band Carlos Barruso e peche da xornada chegará ás 23.30 horas co concerto de Herdeiros da Crus primeiro e da orquestra Gran Parada.

ESPECIAL SAN PAIO DA ESTRADA 2025

ESPECIAL SAN PAIO DA ESTRADA 2025 / ECG

O domingo 29, derradeiro día de celebración, o programa inclúe o concerto da Banda de Gaitas de Forcarei ás 13.00 horas, ao que seguirá a sesión vermú con Os Chikis na Avenida de Pontevedra. Ás 22.00 horas haberá un concerto de GFace e dos grupos locais Dr Zaius e Dalia negra na Porta do Sol. Á medianoite haberá un espectáculo de fogos artificiais desde A Cañoteira, antes de que a orquestra Galilea poña o broche de ouro ás festas coa súa actuación a partir das 00.30 horas. Ademais, como peche das festas, a comisión sorteará unha viaxe a Punta Cana.

Tracking Pixel Contents