ESPECIAL CAMPAMENTOS VERÁN 2024

A Casa do Rock: música, xogos e aprendizaxe

A escola ofrece dous cursos para este verán: de teatro e de música

Campamento Veran 2023 da Casa do Rock

Campamento Veran 2023 da Casa do Rock / CEDIDA

A Casa do Rock, na rúa Rosalía de Castro de Santiago, propón dous campamentos para este verán nos que o teatro e a música son protagonistas.

O Campamento Musical Urbano terá lugar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. As actividades teñen como obxectivo principal achegar o mundo da música aos cativos a través do xogo, traballando o desenvolvemento corporal e intelectual mediante a aprendizaxe do ritmo, o son, a entonación e a coordinación. De cada actividade, os pequenos músicos sustraerán un concepto e unha práctica realizable por eles/as mesmos/as. Será de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas. Hai tres grupos: de 3 a 6 anos, de 7 a 10 e de máis de 10. O prezo vai dos 90 aos 140 euros.

O Obradoiro Intensivo de Teatro Musical, pola súa banda, busca dar a coñecer todos os pasos para unha montaxe teatral: dende a idea á montaxe final, pasando pola creación da historia, dos personaxes, a elección musical ou o vestiario. É en xullo, do día 1 ao 5, para mozos de entre 13 e 17 anos. Hai un máximo de 20 prazas. O prezo é de 250 euros.

Os interesados poden consultar máis información na páxina web: acasadorock.com ou ben no teléfono 881 979 660.

SUPLEMENTO EN PDF ESPECIAL CAMPAMENTOS 2024

SUPLEMENTO EN PDF ESPECIAL CAMPAMENTOS 2024

SUPLEMENTO EN PDF ESPECIAL CAMPAMENTOS 2024