Entrevista | Alfonso Espiño Músico de "Tato & Espiño" y doctor en Historia del Arte

Alfonso Espiño: “Vexo ó público de Santiago con moitas ganas de ir a concertos”

Tato & Espiño durante un concierto anterior. fotografía de David Regueiro.

Tato & Espiño durante un concierto anterior. fotografía de David Regueiro. / xabier sanmartín

Sea por el tañido de las campanas con banda sonora diaria, la tradición de coplas tabernaria y estudiantil o porque el Camino y sus venas a Europa traen instrumentos en mil idiomas, el valor de la música en Santiago es... muy grande.

En ese campo cumple más de dos décadas Alfonso Espiño Louro (Santiago, 1976), músico e historiador, actúa mañana en el Rock Café O Cum (Fonte de San Antonio, 17), a las 21 horas con el proyecto Tato & Espiño, un dúo que el pasado 1 de febrero rememoró a David Bowie en otro local picheleiro, el Flamingo (rúa Alejandro Pérez Lugin, 11).

Tato & Espiño dan un concierto mañana en el Rock Café O Cum y otro el sábado 25 de marzo, con entrada libre (21 h.).

¿Qué repertorio va a sonar este sábado en un local donde tocan hoy Manu Gómez y Javier Gradín (Two On the Road, a las 21 h., gratis) y mañana... Tato & Espiño?

O repertorio é unha selección de temas á que fomos chegando ó longo dos anos e que parten das preferencias de cada un (anque temos gustos similares en materia pop/rock) e de termos coincidido ambos no grupo Los Chavales. Algunhas das cancións levámolas tocando cada un pola súa conta cáseque toda a vida. Son máis evidentes as dos Beatles e Rolling Stones, inevitables moitas veces; ademais, este sábado, 25 de febreiro é o anniversario de George Harrison, así que seguramente caerá algunha do Beatle Tranquilo. Escollemos temas que poidamos adaptar a dúas guitarras (Tato eléctrica, eu acústica de 12 cordas), anque ás veces arriscamos a arranxar cousas máis complexas. Tocamos de Eddie Floyd a Irma Thomas, pasando por The Remains, The Yardbirds (época do recente falecido Jeff Beck) ou The Small Faces.

¿Caen también temas compuestos por Tato & Espiño?

Si, tamén incluimos un par de temas propios, tanto da nosa época Chavales coma da miña etapa actual como Espiño. Normalmente a xente que ven a vernos sabe que cancións levamos no repertorio, así que non é raro que nos pidan unha en concreto, e que satisfagamos a solicitude.

¿Cómo late el actual circuito de conciertos en Santiago respecto a antes de la pandemia?

Vexo ó público moi animado, con moitas ganas de ir a concertos e recuperar o tempo perdido. Proba isto a cantidade de veces que vemos o rótulo de aforo cumprido tanto en eventos de grande aforo coma nos de formato pequeno.

Y

dado que es un clásico de la escena de la ciudad y además historiador y autor del libro ‘Compopstela. Música moderna en Santiago (1954-1978)’, ¿qué ambiente ve comparado con el de hace diez años?

Esta cidade, coma outras, ten os seus ciclos e altibaixos. Á marxe de que é imposible ter a todo o mundo contento, para o tamaño que ten Santiago, non nos podemos queixar da oferta actual de salas e actuacións. Non vexo unha grande diferenza, se ben aínda queda moito por facer, existe unha gran diversidade de proxectos e estilos. Quizais a diferenza resida en que hai un relevo xeracional lóxico, anque os vellos seguimos a dar guerra. Na nova fornada de artistas compostelás pode que haxa menos rock pero veñen moito máis preparadas, xa que dende cativas empezan a formarse nas diferentes escolas de música moderna que afortunadamente temos na cidade, e chegan coas orellas máis abertas, na maior parte dos casos.

¿Por qué hoy gusta tanto hacer conciertos tributo y revisar temas de antes, está de moda la nostalgia o es un modo de mostrar respeto a las generaciones previas?

Creo que ten que ver máis coa comodidade do público. As cancións coñecidas entran mellor... O medo ó descoñecido é o que dificulta sempre calquera tipo de avance no eido que sexa. Eu veño facendo música orixinal dende principios dos anos 90, co grupo Contrastes (tocabamos material propio e unha versión ó final, de propina). E hoxe sigo compoñendo como Espiño e o que máis me agrada é coñecer a resposta do público a estas cancións anque de cando en vez facemos estes concertos no que a maioría son versións de clásicos porque nos gustan, son as nosas influencias e o público pásao xenial. E no medio, metemos algo propio.