Dano Cerebral Galicia reclama a posta en marcha do Proceso Asistencial Integrado e outras medidas de accesibilidade, vida independente ou inserción laboral
Nun acto coa Valedora da Pobo, a que ata agora se chamou Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) presentou tamén o seu novo nome e imaxe de marca

Foto de familia do acto de presentación de Dano Cerebral Galicia. / JESÚS PRIETO
B.C
A posta en marcha do Proceso Asistencial Integrado (PAI), entre outras oito medidas de accesibilidade, vida independente ou inserción laboral a prol das personas con dano cerebral adquirido foron protagonistas durante o acto de presentación do novo nome e imaxe de marca de Dano Cerebral Galicia, celebrado este venres na sede da Valedora do Pobo de Galicia en Santiago ante máis de 30 representantes de diversos sectores.
Un rebranding co que a que ata o de agora se chamou Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) busca facilitar o recoñecemento desta discapacidade, facilitar a identificación das asociacións coa discapacidade da que se ocupan, e amosar unha imaxe de unidade de todo o tecido asociativo.
“Pasamos de ser a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) a Dano Cerebral Galicia, pero as nosas funcións mantéñense”, expresou neste senso Luciano Fernández Pintor, presidente de Dano Cerebral Galicia sobre o proceso iniciado en 2017 a nivel estatal para a integración de todo o movemento asociativo nunha soa marca.
“Hoxe é un día importante para nós, para todas as asociacións, familias e persoas con dano cerebral adquirido. Hoxe presentamos o que é un paso máis cara a unidade da súa representación, o que significa notoriedade e concienciación do conxunto da sociedade. Desde hoxe, a nosa voz alzada emite un só berro, que é o de que somos, con maiúsculas, Dano Cerebral”, celebrou Fernández Pintor durante a cita, que contou coa intervención da Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño, que quixo por en valor a necesidade de avanzar xuntos.
“Hai persoas que están nas marxes por mor da súa discapacidade e cómpre poñelas no centro das políticas públicas, porque, deste modo, non se deixa ninguén atrás e avanzamos todos como sociedade”, expresou.
Demandas para a lexislatura
Durante o acto, as demandas e propostas do movemento asociativo para a lexislatura foron as principais protagonistas na voz de Montserrat Terceiro Rey, membro da Rede de Cidadanía Activa do movemento asociativo do dano cerebral. Un total de nove medidas de accesibilidade, vida independente ou inserción laboral entre as que se atopan reivindicacións fundamentais como a creación dunha Comisión Permanente e Lexislativa sobre Discapacidade no Parlamento de Galicia, a necesidade da actualización do financiamento dos servizos e programas de atención a persoas con dano cerebral adquirido ao IPC autonómico; a reestruturación dos servizos existentes e a ampliación de novos recursos materiais, técnicos e humanos para a aplicación do Proceso Asistencial Integrado (PAI) para o dano cerebral adquirido.
O incremento dos servizos e recursos de promoción da autonomía persoal; a creación, nas ofertas públicas de emprego para persoas con discapacidade intelectual, dunha cota específica de ‘discapacidade cognitiva’; ou a aprobación e entrada en vigor do regulamento de desenvolvemento da Lei de Accesibilidade de Galicia son outras das reivindicacións chave da entidade.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”