Miércoles 25.10.2006      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 8 de 11]noticia anterior de Firmas Opinión » Firmas

XAVIER SENÍN

devagar

Juan Farias

0.0/5 [0 Voto/s]

Atrás Imprimir Recomendar Aumentar texto Reducir texto

Hai uns días fun comer á casa de Juan Farias, onde sempre hai un prato para min como gusta de dicir o meu amigo. Tamén estaban Lourdes, a muller, e Paula, a filla que percorre o mundo axudando os demais, hoxe en Irak e mañá en Somalia, sen medo ás guerras, só por axudar os demais. Sentei entre Juan e o seu neto Mateos, fillo de Paula e Petrus, que ameazaba todo o tempo con poñerme perdido de arroz. Na sobremesa Lourdes foi buscar as últimas probas de imprenta do seu libro Gallego, que vai ser publicado polo Fondo de Cultura Económica de México con fermosísimas ilustracións de Cobas. Juan fíxome o agasallo daquela primicia que lin no aeroporto de Madrid mentres facía a espera. Toda unha verdadeira declaración de amor ao seu país e á súa lingua, aínda que está escrito en castelán.

Nun momento da obra, o autor di do protagonista: "Chegáronlle os achaques, que os trae a idade, que son cousa do tempo. Tivo que botar man da terceira perna, unha vara de carballo, coa que axudarse a gardar o equilibrio". Juan Farias, un dos mellores escritores que deu o país, natural de Serantes, a mesma terra de Torrente, axúdase cun caxato mentres agarra pola man a Mateos, o seu neto de ano e medio.

Chuza esta noticia Juan
Farias
Añadir a Menéame la noticia Juan
Farias
Añadir a Del.icio.us la noticia Juan
Farias
Añadir a Yahoo la noticia Juan
Farias
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS