Este venres, Charo Pita entreterá á rapazada co seu espectáculo teatral ‘A familia papaventos’ no edificio multiusos
Os boirenses festexan o Nadal con espectáculos e festivais
Este venres, Charo Pita entreterá á rapazada co seu espectáculo teatral ‘A familia papaventos’ no edificio multiusos

A cativada contará con variadas actividades para gozar durante este Nadal. | CEDIDA
As luces, música e maxia do Nadal xa chegaron ás rúas do concello de Boiro, que como de costume, asegurará a diversión dos seus veciños cunha variada programación cultural na que inclúen múltiples espectáculos infantís, festivais e actividades de rúa.
Os infantes xa puideron gozar no edificio multiusos boirense do fantástico espectáculo Maxia entre liñas, de Dani García; e da música de Paco Nogueiras, que animou o ambiente coa súa obra C@nto contigo. O próximo venres e nas mesmas instalacións, Charo Pita entreterá á rapazada co espectáculo teatral A familia papaventos. Un día despois, Luis Valecillo organizará toda unha festa en galego con humor, cancións, bailes e xogos coa súa actuación Neofalante!.
Neste ano, o Concello reforza a súa colaboración coa Asociación de Empresarios Boirense, entidade que conecta á veciñanza coas compras de Nadal con iniciativas variadas como parques decorativos, espectáculos de rúa ou inchables para os máis pequenos. Por outra banda, as asociacións e colectivos veciñais tamén se dan a man coa Administración local para impulsar divertidos festivais cos que potenciar aínda máis o sentimento de comunidade boirense. O vindeiro e último destes eventos será organizado polo AC Pedra da Aroña o domingo 28, no pavillón da Cachada.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025O evento principal
Co comezo do ano chegará a actividade estrela, a Gran Cabalgata de Reis. Este atractivo turístico para visitantes de toda a comarca é organizado pola Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón dende hai máis de 40 anos e atrae a visitantes de tódala comarca, que bótanse ás rúas para coller caramelos e contemplar as súas impoñentes carrozas e protagonistas, coma os cabezudos.
En sintonía, Boiro celebra a chegada dos Reis Magos dunha forma diferente dende hai anos en reivindicación coa figura da muller. Por iso, o 4 de xaneiro será a xornada en que as Raíñas Magas visitarán aos nenos de todas as parroquias do municipio.
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- El pueblo a 20 minutos de Santiago donde comer callos hasta hartarse por 5 euros este septiembre: pazos centenarios, música y naturaleza
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves