Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Agrupacións de xestión conxunta contra o minifundio forestal

A Xunta aposta por esta figura e destina 2,4 millóns de euros a impulsalas

A Lei de recuperación da terra agraria facilita a súa constitución e xestión

A finalidade destas agrupacións é recuperar os terreos agroforestais e poñelos en valor   | // XUNTA DE GALICIA

A finalidade destas agrupacións é recuperar os terreos agroforestais e poñelos en valor | // XUNTA DE GALICIA / B. c. [santiagO]

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia facilita unha serie de ferramentas, entre as que destacan, para o ámbito forestal, as agrupacións de xestión conxunta.

A norma regula a finalidade destas entidades, o obxecto e tamén os requisitos que deberán cumprir como promotoras das actuacións conxuntas. Así, establece que poderán ter calquera forma xurídica admitida en dereito e que deberán inscribirse no rexistro sectorial e específico creado ao efecto. A súa incorporación a este rexistro daralles, ademais, preferencia na concesión de axudas públicas do sector forestal.

A Xunta aposta por esta figura e, de feito, nos orzamentos de 2024 consigna unha partida de 2,4 millóns de euros para impulsar este tipo de agrupacións. Así mesmo, o Goberno galego pon a disposición das persoas interesadas os modelos de estatutos para estas entidades e tamén para constituír dereitos de usos e aproveitamentos, publicando unha orde específica no Diario Oficial de Galicia.

Polo tanto, as persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamento de terreos agroforestais que pretendan xestionar conxuntamente as súas parcelas, poderán solicitar o seu recoñecemento como agrupación agrogandeira ou forestal de xestión conxunta.

Estas agrupacións voluntarias terán por finalidade a xestión conxunta e sustentable dos terreos agroforestais co fin de recuperalos e poñelos en valor, impedir o seu abandono, servir como instrumento para a protección do medio ambiente, a prevención e defensa contra os incendios forestais, a protección fronte a catástrofes e a loita contra o cambio climático. Tamén se busca a creación de emprego endóxeno, colaborando no aumento da calidade de vida e expectativas de desenvolvemento da poboación rural.

Ademais, a lei prevé incentivos fiscais e financeiros para os propietarios interesados na xestión conxunta que faciliten a posta en marcha de proxectos rendibles nas terras a recuperar.

Recuperación de soutos tradicionais

Vencellado ás agrupacións de xestión conxunta, estase a desenvolver o Programa de recuperación de soutos tradicionais, que tamén contribuirá a movilizar terras, polo que se porán en marcha as obras de restauración dos pilotos de soutos en Parada de Sil, O Bolo -onde haberá dous-, e A Veiga -na provincia de Ourense, e O Incio, Folgoso do Courel e Paradela -na de Lugo-.

Modelos de estatutos

Para facilitar a constitución destas agrupacións de xestión conxunta, o Goberno autonómico publicaba o pasado día 6 de novembro no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde que establece os modelos de estatutos e modelos tipo para constituír dereitos de usos e aproveitamento. Son modelos orientativos e voluntarios, que a Xunta proporciona conforme ao establecido na normativa vixente, máis concretamente nas leis de montes de Galicia e de recuperación da terra agraria.

A primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, “Cara á neutralidade carbónica”, establece nun dos seus eixos o programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta. Polo tanto, a finalidade desta iniciativa é a de facilitar a constitución e a xestión eficiente das agrupacións forestais de xestión conxunta en Galicia, algo que redundará na mellora da xestión e dos aproveitamentos forestais.

Deste xeito, publicábanse os seguintes modelos de estatutos para as diferentes agrupacións forestais de xestión conxunta: para entidades sen ánimo de lucro de xestión forestal conxunta; para entidades sen ánimo de lucro de representación para a planificación ou comercialización conxunta; de comunidade de bens e de sociedade civil.

Con respecto aos modelos tipo para a constitución de dereitos de uso e aproveitamento a favor de terceiras persoas en Galicia, facilitábanse os seguintes: contratos tipo para a constitución de dereitos de uso e aproveitamento a favor de agrupacións forestais de xestión conxunta; contratos tipo de cesión ou delegación da planificación da xestión forestal ou da representación para a xestión e comercialización conxunta a favor de agrupacións forestais de xestión conxunta.

Os modelos de estatutos e modelos tipo fornécense como guía e referencia para as partes interesadas. O seu uso é opcional, e as partes poden adaptalos segundo as súas necesidades específicas, en cumprimento das disposicións vixentes.

Quen o pode solicitar

Poden solicitar o recoñecemento como agrupacións de xestión conxunta as seguintes comunidades ou entidades cuxa actividade se desenvolva en Galicia:

a) Asociacións sen ánimo de lucro constituídas para o auxilio, apoio e asesoramento ás persoas propietarias ou titulares dos dereitos de aproveitamento de terreos na planificación da xestión agroforestal.

b) Sociedades civís e comunidades de bens.

c) Cooperativas.

d) Sociedades agrarias de transformación.

e) Sociedades mercantís reguladas na lexislación de sociedades de capital.

f) Sociedades de fomento forestal (Sofor), para o caso de agrupacións de xestión conxunta forestal.

g) Calquera outra que teña por obxecto a recuperación e posta en valor, de forma conxunta, de terras agroforestais.

Isto quere dicir que ata a entrada en vigor da Lei de recuperación existían as sociedades de fomento forestal, que actuaban como sociedades limitadas. Agora amplíase o abano de figuras de xestión conxunta para flexibilizar a súa actividade e facela accesible a máis colectivos e producións.

Obxecto

O obxecto das agrupacións agrogandeiras e forestais de xestión conxunta é:

— A mobilización e posta en valor de terreos agroforestais por medio dunha actuación de xestión conxunta.

— A explotación e aproveitamento conxunto dos terreos a agroforestais mediante unha xestión sustentable dos produtos e servizos agrogandeiros, contribuíndo a aumentar a rendibilidade e a calidade das producións.

— A produción e comercialización conxunta de produtos agroforestais, a realización de melloras no medio rural, a promoción e desenvolvemento agrario e a prestación de servizos comúns que sirvan para esta finalidade.

TEMAS

Tracking Pixel Contents