Domingo 20.10.2019 Actualizado 00:18
Google    

El Correo Gallego

Santiago » El tiempo

léxico

O ILG dixitaliza os xentilicios recompilados por Cela

O arquivo data do ano 1971

REDACCIÓN  | 17.06.2008 
A- A+

A Fundación Camilo José Cela e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) acordaron encargarlle ao Instituto da Lingua Galega (ILG), dependente da institución académica, a dixitalizar os datos sobre xentilicios e topónimos galegos recompilados por Cela.

Nun acto que tivo lugar en Iría Flavia, a presidenta da Fundación Cela, Marina Castaño, e o reitor da USC, Senén Varro, asinaron o convenio de colaboración diante do ministro de Cultura, César Antonio Molina, e da directora do ILG, Rosario Álvarez Branco.

O ILG disporá do material recollido polo Nobel en 1971 mediante unha enquisa remitida aos carteiros e na que o escritor lles pedía información detallada sobre os xentilicios e denominacións de mofa dos naturais dun lugar, así como refráns e cancións alusivas.

Fóronlle remitidas 1.766 enquisas, repartidas pola maior parte dos municipios galegos. O arquivo inclúe 20.000 fichas de todas as provincias españolas, coas que Cela pretendía facer un Dicionario Xeográfico Popular de España e do que só se publicou un primeiro volume, en 1998.