AEXAME

A Unidade de Radiofármacos supera o simulacro de incendio

Participantes no simulacro de incendio na Unidade de Radiofármacos.

Participantes no simulacro de incendio na Unidade de Radiofármacos. / ecg

Redacción

A Unidade de Radiofármacos PET Galicia, que subministra os radiofármacos aos servizos de diagnose de todos os hospitais do Sergas, puxo a proba, de novo, a súa calidade e seguridade superando con éxito un simulacro de incendio este luns. Cómpre remarcar que a tecnoloxía PET é unha técnica avanzada de diagnose utilizada sobre todo en enfermidades oncolóxicas, neurolóxicas e cardíacas que permite obter imaxes de alta precisión e detectar patoloxías de maneira precoz.

O simulacro contou coa presenza da xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo; así como a de Galaria, Rocío Mosquera, e a da área sanitaria, Eloína Núñez. O operativo estivo dirixido polo servizo de Emerxencias do 112, e contou coa supervisión da compañía de prevención de riscos laborais Quirón Prevención, así como a colaboración de todo o persoal da unidade.

O simulacro constatou o excelente funcionamento do plan de autoprotección da Unidade de Radiofármacos PET Galicia.