El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O IES Pontepedriña acadou o terceiro posto no Club de Debate

O premio final para o equipo gañador é unha viaxe multiaventura dunha fin de semana, para un máximo de 20 persoas // Os rapaces terán ocasión, entre outras cousas, de achegárense ao patrimonio lingüístico a través de actividades lúdicas

ECG  | 08.05.2017 
A- A+

Santiago. O IES Xulián Magariños convertiuse no gañador da edición deste ano do Club de Debate, na final celebrada no Centro Sociocultural de Santa Marta. O alumnado do centro de Negreira conseguiu unha puntuación de 411,50 puntos, por diante dos 403,50 do segundo clasificado, o IES Luís Seoane de Pontevedra; e dos 391,50 que lle deron o terceiro posto ao IES da Pontepedriña. Para esta final tamén lograran clasificarse o IES de Bertamiráns, o CPI Plurilingüe de Vedra, e o IES Leixa de Ferrol. Ao acto de entrega dos premios asistiu o concelleiro Rafael Peña.
O premio final para o equipo gañador é unha viaxe multiaventura dunha fin de semana, para un máximo de 20 persoas. Nesa viaxe, os rapaces terán ocasión, entre outras cousas, de achegárense ao patrimonio lingüístico a través de actividades lúdicas nas que o idioma terá un papel fundamental, en coherencia co obxectivo principal deste proxecto.