Conta atrás para o Maré: máis de 25 actuacións encherán Compostela de músicas diversas
Do 20 ao 24 de setembro, o festival de músicas e artes atlánticas volve a Compostela co obxectivo de catalizar as conexións culturais de Galiza co mundo
Camiño de cumprir as dúas décadas de vida, Maré quere visibilizar unha cidade que se proxecta ao mundo a través de camiños de ida e volta nun permanente diálogo intercultural
Bandas chegadas dunha decena de países diferentes actúan nesta edición

Actividade de rúa Marexada Perkuta na edición 2022 do Festival Maré / Javi Sobrado
Desde este mércores, 20 de setembro, e ata o domingo 24, o festival Maré encherá Compostela de músicas, nun cartaz con numerosos artistas internacionais, moitos dos cales se presentan por vez primeira en Galicia. O festival terá lugar en espazos como o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal, a Sala Capitol ou o Salón Teatro, ademais de prazas emblemáticas como a da Quintana ou Mazararelos, con actuacións de balde o sábado 23 ao longo do día.
Máis de 25 actuacións celebraranse en Maré, con bandas chegadas de dez países diferentes. Desde o concerto especial de apertura de Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia, estreando a versión sinfónica dos Seis poemas galegos de Lorca, pasando pola brasileira Bia Ferreira, a sensación cubana da salsa Alexander Abreu & Havana D’Primera, ou coa presenza de Don Letts Dj Set, lexendario cineasta e produtor que influenciou o punk británico, que actuará con Soom T & The Stone Monks.
Ao longo dos cinco días de festival, gozaremos de artistas como Pol Batlle e Rita Payés, Fetén Fetén, a portuguesa Maro, Fémina, Nidia Góngora, Fado Bicha ou Dj Floro. Haberá tamén unha nutrida representación de artistas galegos, como Mundo Prestigio, Maricarme, O Rabelo ou Abraham Cupeiro, que actuará coa Banda Municipal de Santiago, e unha homenaxe ao músico vasco Kepa Junkera, que estará presente no festival.
A programación completa está dispoñible na páxina web do festival mare.gal onde tamén se poden adquirir as entradas para os espectáculos de pagamento.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro