El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Santiago dispón de seis zonas verdes para a solta de animais de compañía

Son os parques de Fontiñas, Paxonal, a Alameda, o de Belvís, o de Pontepereda e o da Praza da Constitución // En Compostela hai inscritos 173 cans potencialmente perigosos

O parque de Fontiñas é un dos lugares de esparcemento onde se permite a solta de animais de compañía - FOTO: J.E.
O parque de Fontiñas é un dos lugares de esparcemento onde se permite a solta de animais de compañía - FOTO: J.E.

JUANJO EIREOS SANTIAGO  | 27.02.2017 
A- A+

O parque de Fontiñas é un amplo espazo verde que conecta a Rúa de Berlín e a Rúa das Fontiñas, xunto as novas instalacións dos Xulgados. Está composto por unha zona de esparcemento entre árbores, vexetación e un regato. Nesa paisaxe nenos e maiores desfrutan dun prácido día de sol ou os máis aventureiros, dun de chuvia. Nunha zona do parque hay un grupo de persoas charlando namentres os seus cans xogan ao redor. Algunhas veces os animais máis inquedos chegan ata o espazo de xogos para nenos. Os pais miran con certa incerteza o paseo do can. Non moi lonxe, o dono chámao a berros. As preguntas e dúbidas sobre o acceso destes animais comezan a xurdir nas conversas. Que pasa con estos cans se morden a algún neno? Hai un cartel que prohíbe o acceso a estes animais, pero, que ocorre se os nenos saen da zona de xogos para baixar polo recinto verde do parque? Poden andar libres os animais?

O de Fontiñas é dun dos lugares da capital nos que se permite o esparcemento e solta de animais de compañía. Na capital de Galicia hai seis parques nos que se permite. Segundo informa o concello, os outros son o parque de Paxonal, a Alameda, o de Belvís, o de Pontepereda e o da Praza da Constitución. Tamén confirman que se está a estudiar unha petición para facer o mesmo en Salgueiriños.

Pero esto non implica unha liberdade total. En Compostela existe unha normativa clara sobre o asunto, aínda que pode parecer lóxica a solta de animais nun lugar natural e de esparcemento urbano, hai importantes limitacións. Especialmente no referido a posesión de animais de razas consideradas perigosas. Segundo esta lei, nestes lugares deben ir sempre con bozo ou ir collidos por correa os cans que "polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e defensa, e en concreto os pertencentes ás razas seguintes: Americano Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu". Ademáis inclúen cruces destas razas e a animais que por outras razóns presenten comportamentos agresivos ou teñan antecedentes por ataque. É dicir, os seus donos deben extremar as precaucións. Nada de telos soltos sen bozo. De feito, todos os que van pola rúa deben ir provistos del e amarrados por unha correa. Pódese desprender desta normativa que ter animal de determinadas características, cans de defensa ou potencialmente perigosos, imprica a necesidade de ter lugares de esparcemento máis axeitados, unha finca privada ou zonas alonxadas do contacto urbano.

Segundo os datos que aporta o concello, en Compostela hai inscritos 173 cans potencialmente perigosos. Tendo concedidas 198 licenzas para a posesión deste tipo de animais. Estes números mantéñense estables nos últimos anos. A lei obriga a que estes cans teñan un control identificativo, cun chip no que se mostran os datos e o dono do can. Ademáis impóñense unha serie de normas. Algunhas delas son o acceso a zonas de xogos. Os cans non poden estar nos espazos de xogos onde hai cativos. Tampouco poden acceder a centros hosteleiros ou en taxis, salvo o que establezca o empresario. Así como a excepcionalidade dos cans guía, que fan un servizo específico para persoas con necesidades especiais.

E que pode ocorrer se se é dono dun can que agrediu a un cidadán? Nese caso o responderá administrativamente por non adoptar as medidas de protección e asumirá os gastos que, como consecuencia da agresión se xerarán para o Concello. Ese animal, ademáis deberá estar sometido a observación durante 14 días. Pasado ese período evaluarase tomar medidas de control, que poden pasar pola retirada do animal a cargo dos servicios correspondentes, á espera de tomar unha decisión concreta. A norma establece outros aspectos como a retirada de cans falecidos, accesos a lugares públicos...

Desde o concello indican que os composteláns son moi clásicos nos gusto de animais domésticos. Os cans e gatos son as mascotas preferidas. Un dos máis chamativos é a presenza dunha boa na lista, pero xa se deu baixa do censo.