El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O presidente da Cámara de Comercio recibe ao director Territorial de Comercio e ICEX Galicia

A entidade compostelá intensificou nos últimos anos as accións en mercados exteriores

REDAC.  | 15.05.2017 
A- A+

Santiago. O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago, Jesús Asorey Carril, mantivo un encontro institucional co director Territorial de Comercio e ICEX Galicia, Sergio Prieto López, na sede da entidade compostelá. Intercambiaron impresións sobre o estado actual da internacionalización e analizaron os datos de exportación e importación das empresas españolas.
Jesús Asorey trasladoulle o traballo que realiza a Cámara de Comercio de Santiago en internacionalización, un eixe estratéxico e prioritario da súa actividade. Nos últimos 25 anos, intensificáronse as accións en comercio exterior coa continuidade de programas de promoción, información, asesoramento e iniciación á exportación, coa participación de miles de empresas cun alto porcentaxe de éxito coa súa presencia permanente ou a apertura de relacións comerciais en diversos mercados exteriores. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt