El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Premio nacional a alumnos do Antonio Fraguas, Apóstolo Santiago e Peleteiro

REDACCIÓN   | 22.05.2017 
A- A+

EDUCACIÓN Un total de cinco dos 15 Premios Nacionais de Educación ao rendemento académico do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria no curso 2015/16 outorgados polo Ministerio de Cultura recaeron en mans de alumnos galegos, catro de eles de Santiago, segundo se recolle na resolución ministerial publicada onte, na que se indica tamén que cada un dos galardoados recibirá 1.000 euros como premio. Os premiados on Paloma Otero López, do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra); Enrique Salvado Vigo, do IES Antonio Fraguas Fraguas (Santiago), Eva Diz Ferreira, do CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago; Juan Carlos Rocamonde Quintela e Alexo Castro Yáñez, ambos do CPR Manuel Peleteiro (Santiago). A Consellería de Cultura e Educación celebra o resultado, que considera unha mostra da calidade do noso sistema educativo, e felicita aos estudantes galardoados polo seu esforzo e dedicación, que xa quedou patente cando obtiveron este premio a nivel autonómico. Non en balde, é requisito para acceder ao concurso nacional ter gañado o premio extraordinario ao rendemento académico en ESO este curso.