El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Romaría Cativa cita aos pequenos este xoves no Parque Eugenio Granell de Santiago

REDACCIÓN SANTIAGO  | 17.07.2017 
A- A+

O parque Eugenio Granell será escenario este xoves da terceira edición da Romaría Cativa, no día das festas do Apóstolo 2017 máis integramente pensada para o público infantil e familiar. As actividades desenvolveranse dende as doce do mediodía. A esa hora está prevista un obradoiro de Babaluva.

Tamén se habilitará un espazo de xogos da man de Xandobela e unha zona de xogo libre. Ás doce e media comezarán as actuacións de Anxo Moure, Simón Pinhón e Percubebés en diferentes escenarios do parque e, ao seu remate, será a vez da música, co concerto de María Faltri e Jorge Juncal, 'Fantasía coas palabras'.

Despois do tempo de xantar, no propio parque, ás 17h00 horas reabriranse os espazos de xogo, e ás 17h30 repetirán actuacións Anxo Moure, Simón Pinhón e Percubebés. Ás 18h30, Golfiños presentará o seu traballo 'Té, chocolate e café'. A programación da Romaría Cativa complétase ás 19h30 co concerto de SONS MIÚDOS. Un espectáculo no que a música e o teatro van da man de Ana Senlle de María Fumaça, Magín Blanco de A Nena e o Grilo, Paco Nogueiras de Brinca Vai!, Gloria Mosquera de Mamá Cabra, Xoán Curiel de Estamos no verán e Pablo Díaz de Tic-Tac. Ademais, todo será presentado por Montse Piñón e Pepablo Paño de Ghazafelhos e acompañado polos instrumenstas do Cuarteto dos Sons Miúdos – Javier Constenla, Brais das Hortas, Carlos Freire e Pablo Vidal.